Raquel Castro Pego goza dunha versátil carreira como violinista e pedagoga.

 

Durante o 2005 e o 2006 foi o primeiro violín solista do ENEMC (Ensemble Nacional Español de Música Contemporánea) onde realizou numerosos estreos e actuou nas salas máis importantes de España.

 

Realizou concertos de música de cámara con artistas internacionais como Lluís Claret, Matteo Corio, Yuval Gotlibovich, Jonathan Gotlibovich, Michel Letiec, David Etheve, Kevork Mardirossian, Lee Philips, Zvi Plesser e o Garnati Ensemble recentemente en Italia, Israel, Eslovenia, Croacia, Francia e España.

 

Raquel Castro viaxou a través de gran parte do Oriente Medio representando a La Joven Orquesta Mediterránea en concertos de música de cámara celebrando o cincuenta aniversario da mesma.

 

A súa experiencia orquestral inclúe a Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Real Filarmónica de Galicia, a Orquestra do Gran Teatro do Liceo de Barcelona, a "Spaniard Orquestra", a "Orion Symphony Orchestra" de Londres e a "Evansville Symphony Orquestra" de Estados Unidos. Tocou baixo a batuta de Sir Colin Davis e de Sir Simon Rattle, entre outros.

 

Actuou como artista e solista en numerosos festivais como o "International Music Festival" de Aremore, o "Via Lactea", o "Music Festival, Kfar Blum" de Israel, o "International Festival Terra Magica in Porêc" de Croacia, "Series of Concerts Ottagono" en Italia, "Festival de Olot" en Girona, o "Ponte das Arts Festival", o "Garnati Festival" en Granada e o "Sonar Festival" en Barcelona.

 

Raquel Castro apareceu en " Diálogo coa vida, diálogo de muller", un programa especial da televisión galega onde falaban das mulleres exitosas de España.

 

Raquel Castro formouse en España con Lev Chistiakov e en Londres na "Guildhall School of Music and Drama" con Detlef Hahn. Completou os seus estudos na "Jacobs School of Music" da Universidade de Indiana en Bloomington (EEUU) e grazas á axuda dunha bolsa Fulbright obtivo o "Master in Music" con honra baixo a tutela de Mauricio Fuks. Durante os seus estudos en Bloomington traballou como "Assistant Instructor" para a Universidade de Indiana. Despois da súa graduación foi convidada como profesora da Universidade de Indiana formando parte do equipo de profesores de Mimi Zweig na "Summer String Academy" e tamén como profesora convidada en substitución do mestre Fuks durante un sabático.

 

Raquel Castro fíxose gañadora dunha reputación nacional como unha das mellores pedagogas españolas. Os seus estudantes gozan de éxito nacional e internacional como gañadores de premios en diversos concursos, membros de importantes orquestras, ensembles, etc...

 

Tamén traballa formando a profesores en España para cultivar a ensinanza profesional ao máis alto nivel. Ten participado en cursos no Conservatorio Superior de Música da Coruña e nos Conservatorios de Grao Profesional de Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Málaga, Vic, Vilaseca e Reus.

 

Imparte “masterclass” xunto a profesorado internacional para Juventudes Musicales de Igualada, para o "Garnati Festival" en Granada, para o Forum de Orihuela e cursos de verán en Porêc (Croacia), Ponte das Artes (Pontedeume), Forum Musikae ( Madrid), Forum de Torrelodones e " L'Estate Musicale dell'Accademia de Bergamo" (Italia), onde acotío toca nos concertos que se realizan dentro do programa destes festivais.

Raquel Castro Pego /  Violín